jueves, 28 de mayo de 2009

O refranero da Señora Felicidad



- O tempo díxolle ao tempo que seon tempo non viña
- ¡Se quen te mandou vir viñera!
- Vísteme a despacio que teño prisa.
- Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.
- Cando chove en Galicia son as vagaos dos emigrantes.
- Se chorasw por non ver ao sol, as vagaos impediránche ver as estrelas.
- Non por moito madrugar amanece máis cedo.
- Non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe.
- O outro día na feira moito se riron de Antón, tiña as cirolas rachadas pola falta dun botón.
- Por unha vez que cho din, trinta mil reás che dei, trintamil raios che partan que eu ben che paguei.
- Indo eu pa non sei onde encontréis non sei con quen, á porta de xa me entendes, non me quero lembrar ben.





- Á porta do rezador non botes o trigo ó sol que o que non vai á misa non ten nin trigo nin cebada.
- Á vellez ven todo.
- O que está de Dios non o leva o demo.
- Por vestir a un santo destapouse a outro.
- Nin son todos os que están nin todos os que están son.
- Nunca choveu que non escapara.
- Amor con amor se paga.
- A galiña xunto ó galo en carquer lado.
- O casado casa quere.
- Sojras e centros: malos remendos.
- Lévaste como o can e mailo gato.
- ¿Qué fan seis paxaros nun monte? Media ducia.
- Sacas un jato dun pozo ¿Cómo o sacas? Afojado.
- Todos me din que me case, todos me din que vou ben, todos me din que me case pero non me dino con quen.
- Por moito que saibas nunca sabes todo.



- Non hai dous sin tres.
- Cando falta a luz ¿a qué andan as monxas? A escuras.
- Maruxiña dame un bico que che hei dar un pataco, non quero bicos dos homes que me cheiran a tabaco.
- Home pequeño, fol de veneno.
- Ísto é máis vello que andar de pé.
- Máis vale malo coñecido que bó por coñecer.
- Vale máis paxaro en mano que cento volando.
- Hai que arrimarse ó sol que máis quenta.
- Chamádesme moreniña á vista de tanta xente, agora vaime quedar moreniña para sempre.
- Indo pola parte de4 arriba queda pola parte de abaixo.
- Non hai subida sen baixada.
- Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis.
- Casácheste: cajácheste.
- A mazá moi colorada por dentro está dañada.
- Cada cual co seu igual.
- Coa juapura non se come.



No hay comentarios:

Publicar un comentario