
Calceto, me doen os brazos, eu calceto, eles doen, eu calceto, eles sijen doendo pero eu non paro de calcetar para Carliña ou para quen sexa, por pasalo tempo, porque se non me aburro, eu teño que facer aljo, o día que pare morro. Eu non son coma outras que se tiran no sofá e ven a televisión todo o día.
Eu vexo a ruleta (a noria) e jústame ver cómo discuten!!! sobre todo María Antonia, tennnn un xxxxenio, ¡qué cona! Por exemplo, o outro día, falaban do aborto, antes a xente non sabía nada pero hoxe en día os xóvenes saben de todo pero sijen enchufando, antes: a marca atrás. Ademáis, un rapaz con un mes todavía non é unha persoa: é un cuájulo de sanjre.

A min encántame traballare pero tamén pasalo ben, ¡qué cona! Esta foto ma fixera o meu neto X e, a verdade, non saljo mal de todo, non?
A min encántame falar con todo o mundo, aos perejrinos cando baixan eu lles dijo: "Jus vai" ou "Vai vai" (tomar polo cú) e eles se rin. A verdade é que o camiño de santiajo debe de ser moi adivertido, a xente baixa cantando, falando, moitos sonche de fora.

Eu son a felicidad, a miña nai chamoume así por un tío meu que ía coñecendo nomes raros coma por exemplo Bernabé ou Bonifacio. Eun non che coñezo moitas mulleres que se chamen Felicidad.
Eu son feliz no país das flores e chámanme Felicidad, aínda que os meus veciños chámanme Señora Felisa