
Cos meus netos, coa pinitencia da miña neta... ( é a favorita, só ela o sabe). En nadal, comendo a esgalla e cantando de cando en vez. Ai la lá! A parte de éso, jracias a Dios, la vida pasa felizmente si hay amor (e se non o hai pois haberá que esperarlle a boa, ou?)
... ai... as flores... son os meus amores. É que nós vivimos nun paraíso, no país das flores! Gozando e vivindo coas jaliñas, coas cadelas, cos jatos, co pesado do meu xenro, coa miña pinitencia e con varios milajros que hai por aquí. ¡Éche o que hai! ¡Non che hai outra cousa! E pousa pousa e non me toques naquela cousa... tralalaralalará! Jajajajaaaaaaa. Estades todos invitados, xa que eu son a Felicidá! Felicidad Marzoa Rosas, para servirlles. Amén!

Teño un neto... bueno, teño oito netos e un par de visnetas pero o neto do que vos falo é unha maravilla: fai de comer, traballa (de día e de noite, onde? de noite non o sei...), vai ó cine. A min o cine non che me justa moito, eu prefiro "A Ruleta" ou a Noria ou cómo se chame! Él ten moi bó tipo: juapo, alto, traballador, moi pausado, tranquilo, fala moi ben. Ten un defecto: ten moza e disque que che é de Alemania ou de Austria ou merda! O de defecto o digo porque amores amores haiche poucos. Bicos catalán do carallo, pa cándo marchas para Alemania ou Austria ou merda?
No hay comentarios:
Publicar un comentario