lunes, 25 de julio de 2011

O meu sí que é arte!


A min sempre che me justustou ben pintar, as contas: os números, non che me justaban tanto porque eu tiña unha maestra que sempre nos decía: "las cuentas déjenlas para mañana, déjenlas para mañana" e, mentras, a mestra zurcía calcetíns e remediaba as saias.




Polo menos vese o que hai, non coma nalgúns outros cadros que parecen o cajallón dun can.



Eu non sei porque, á pinitencia da miña neta, jústanlle tanto. É taaannn pesada, e che pesa ben, eh? eee ... elaaa... (a miña neta) cheee... está bennn cachonda!, debe pesar polo menos unha tonelada... ou... tonelada e mediaaa!! jaaaaaajaaa...


Aquí pintei a nosa cadela e unha jaliña! Os outros debuxos pinteinos mirando unha revista. A muller era unha faraona, comaaaa... comaaa... cona! coma... lola flores ou lolita. É que a min che me justan ben as flores, e... qué será de Rosario? lola flores, hai apelidos para tódolos justos! jaaaajaaaa.



Esta éche a nosa casiña, no país das flores, coma di a pinitencia da miña neta: con jaliñas, con pitos, con flores, con árbores, con jaibotas, co sol... éche un pupurri dos meus. A min éche o que máis me justa: natureza, aire libre, animáis, flores, a leiriña... é que nós vivimos nunnn paraíso: tranquilidade, os veciños non nos molestan, sen ruido, ¡qué máis lle temos que pedir á vida? se nos queixamos é de vicio! pensar cómo están aljunhas criaturas polo mundo: pasando fame, con sequía, as jerras, terremotos...



Este debuxo eran as nosas cuadras que tíñamos fai anos: pitiños, jaliñas... A vida hai que saber levala: pouco a pouco, con pazencia, cos pés na terra, pouquiño a pouquiño, non hai que ser un ministro ou un marqués. Hai que valorar o que hai: éche o que hai, ou? Eu fun e sonche moi feliz porque súpenme irme adaptando. Antes pasábase moita fame pero... ¡éramos máis feliz! Co pouco que tíñamos nos íamos apañando: que só había un plato de caldo? e un trociño de touciño ou un trozo de pan? pois era o que había. Éramos moito máis felices ca ajora, ajora temos de máis.







No hay comentarios:

Publicar un comentario