lunes, 25 de julio de 2011

Pintando te lo cuento


Eu levo traballando toda a miña vida, nunca me aburro, non se di que si te aburres eres un burro (ou aljo así?). Eu falo con todo o mundo: perenjrinos, cos veciños, coas amistades da miña netiña... eu non teño pelos na linjua!

Ás veces dáseme por debuxar. é por pasalo rato e non ver tanta merda que botan na tele. éche unha verjonza! eu vexo a Piñeiro, a Jayoso e a jaleja, qué cona! polo menos falan do noso! o fútbol é sempre o mismo e os políticos había que botalos a todos polo río abaixo. ás veces danme noxo: que "imos facer" que si tal e que cual! O que tiñan era que buscar traballo para todo Dios. qué cona! miran para os seus bolsillos!! Me cajo na madre que os paríu!



Coma a miña neta ten un problemiña na cabeciña: será de pensar tanto... un día tívenlle que escribir unhas letras. É outra casiña, debe ser a casiña dos cans, non me recordo qué cona estaba pensando cando fixen esta maraviiillaaa.

Ás veces ponme mala, de verdade, éche cabezona (e iso que non ten a cabeza demasiado grande) jaaaaajaaa.



Jaliñas, jatos, rás, jalos, toupas, carpas (peixes que pescara un amijo dun dos meus netos)... é que temos de todo! Jracias a Dios non che nos falta nada. Eu sempre dijo o mismo: "hai que jardar das risas pas choras". O problema de hoxe en día é que todos queremos ter de todo e... non pode ser! cada un ten o que ten. Hai que conformarse, non intentar chejar á luna ou ó sol. éche moi importante ter os pés na terra, as casas non se constúen por arriba, hai que empezar por abaixo.

A mín moito me jode que ós animáis se lle trate mellor que ás persoas... é certo! a moitos animais se lle trata moitíiisimo mellor que a aljunhas... persoas! que son animais! vale que dan cariño e compañía, non o podo nejar pero... son animais e non pensan nin razonan e... nunca se sabe se che poden botar enriba.

Se aljén quere jatos ou rás ou peixes, que fale conmigo, que eu son: a Felicidad: Felicidad Marzoa Rozas para servirles. Tamén temos hervas, setos, árbores, esterco... quén da máis?





Aquí manda Roque e Roque son eu!

Aquí un paisano, de paisano (nunca mellor dito).



A miña neta insísteme cada día de que eu dibuxe aljo, ás veces non che sei qué cona dibuxar, tenme que vir a innnssspiración. Teño unha bisneta, é moi feitiña a verdad, ela ajora ela anda a dicir: ¡cállate! ¿y po-que no te callas? é tan feiiiitiñaaa... ijual non che é unha belleza pero, coma é nosa, pois lle temos un cariño... chamémoslle: un cariño especial. Ah! tamén dí á súa abuela: leeelaaa: qué guapa! á súa abuela chámalle Lela, a min Visa: visa, no! á miña neta chámalle Lo. á súa madriña chámalle Mina e... lojo: eu serei visa, a súa abuela Lela e a pinitencia Lo e a súa madriña Mina... poisss... se é así, ¡qué lle imos fasser?

Ela ten o jenio da nai: se vírades cómo manda en nós... é o demonio, e éche moi orjanizada e éche moi moi juapa (parecerase á nai: polo menos de cintura para abaixo...jajajaaaaa)


No país das flores temos fruta, ¡¡poden vir a levar aljunha! fruta natural como la vida misma. a verdade é que nós non che somos de fruta, bueno! eu aínda che tomo bastante, sobre todo pola noitiña, cunha mijiña de queixo do país e con aljo de pan.

A mulleriña debo de ser eu... a verdade é que che me coido moito máis de vella que de nova: de nova era todo traballar a reo, de sol a sol, nas leiras, levando o leite, nas feiras, co jando... e así sejido... sen parar un minuto.

Os traballos de hoxe en día non vos son nada. Antijuamente... ¡¡ésos sí que eran traballo!!

Afortunadamente hoxe aquí non pasamos fame, antes eran outros tempos, tempos de epidemia e de fame. pero... coma a xente non vivíu a fame... tiran a comida coma se foxe tirar a basura.

En fin..................¡¡¡Éche o que hai!!!..........................¡¡¡Se mirásemos para atrás...!!!

Que veña o demo e nos leve!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario