jueves, 22 de septiembre de 2011

18 anos


HOXE FAN EXACTAMENTE 18 ANOS QUE O'TANGUEIRO, D. HONORATO VÁZQUEZ CAROLLO, O NOSO ABUELO,
XA NON ESTÁ CON NÓS.

A ABUELA FELICIDAD SEMPRE TE REZA UN "PADRE NUESTRO"
ANTES DE DURMIR.

TODA A FAMILIA "TANGUEIRA" TE DEBEMOS MOITO ABUELO:
UN GRAN HOME,
A UNHA MOI GRANDE PERSOA
E ...
UN MOI BÓ NEGOCIANTE.

Abuelo: descansa en paz.

Firmado: toda a familia Tangueira.

Un bico moi forte.

domingo, 14 de agosto de 2011

Por aquí ando a arranxalo mundo


Sempre con alejría, con humor, con...

con Felicidad

a felicidad son eu.

xa non che me recordo con quén cona estaba a falar.




ai, sí!!!

coa nosa Ruliña

estáballe a dar consellos,

consellos sobre cómo levar a vida

a nosa Ruliña sí que che vale para o teatro,

éche unha moi boa teatreira

porque, tamén che conto aljo:

esa vida, a de actriz, debe ser dura de carallo:

un día aquí e outro alá pero... éche o que hai!!.

o que aljo quere aljo lle costa, ou?

por aquí andamos no país das flores. bicos!





Pois sí, ou non... ou... pode ser:

antijuamente se dicía:

indo eu pa non sei onde, atopei con non sei quén

á porta de xa me entendes

non che quero contar eu!

aaaa jaaaa aaaa jaaaa

é que ese cantar realmente non dí nada

ou?

As miñas cousiñas: se eu jobernara seríache outra cousa!!!

,

Aquí vos estou eu recién levantada:

teñovos unha boa pinitencia na casa

e éche moi moi pesada:

debe pesar tonelada e media

polo menos!!!

aaaaa, jaaaa, jaaa: qué pesadiña me és

doña pinitencia.

Estas sonche as flores favoritas da miña neta a Pinitencia,

cheiran de maraviiiiillla,

creo que se chaman Lirios ou Libios ou Lilium

son bonitas, coma todas

é que a min che me encantan as flores

danme alejría


Aquí vos estou eu no meu invernadeiro

vendo pasar aos perenjrinos

vai-vai: ide tomar polo cú

e... que... vos aproveite.

eu sempre estou coas flores

é que me dan moita alejría.

non o podo remediar



Hai que traballare para comere e para vivire

hoxe en día a xente estáche moi mal acostumbrada

hai que traballar moito e moi duro

a vida éche así:

trabajando me lo cuentas

TRA-BA-LLO

(e que Dios dé salud e sorte, que fan moi boa falta)


Dende aquí saludo aos perenjrinos

e...

lles dou felicidad:

a todos lles envío felicidad porque...

EU SON A FELICIDAD

para servir a Dios y a todos.

un forte bico.

con dios!!!

domingo, 31 de julio de 2011


Hola,

Creo que falo en nome de todos que os que coñecen e conocemos á abuela Felicidad, a nosa “visa”, a nosa “señora Felisa”, á nosa Felicidad, Doña Felicidad Marzoa Rozas e gustaríame escribir unhas cantas palabras.

Teño coñecido e coñezo a moitas persoas creativas pero, sinceramente, nunca coñecín a unha persoa tan increíblemente creativa como ela.

Ela éche puro arte, pura creatividade (todos sabedes o vínculo e o cariño que temos el amáis eu) pero é certo: ella, en cada “cousiña”/acción/tarea que fai: fainas con… tanto… cariño e con moito xeito, con moito esmero porque… así lle foron inculcando e ensinando quenes xa non están: a súa nai, a súa sogra, Don Francisco e Doña Eulogia… etc… tamén mentras ela traballaba no bar O’Tangueiro; traballando de sol a sol nas leiras de Baladrón.




Aquí ando eu, Felicidad a su servicio, nunha das bodas dos meus netos.

É das millores fotos que che teño,

tócate!!!




Bailando me lo cuentas,

aquí estou eu co Tangueiro,

o meu home,

érache moi bó home,

bó de máis.



Aquí estamos xentes de San Lázaro

A nosa familia,

os tempos de antes sí que che eran duros:

fame, traballo, un trozo de pan e pouco máis!!!

hoxe en día a xente se queixa de vicio...

antijuamente éramos moito máis felices.

... se volvesen os tempos de antes...

a xente íase cajar na madriña!



A súa delicadeza cando fai os traballos cotiás: facendo as camas, levándolle millo ás jaliñas, frejando, barrendo, poñéndose juapa, vestíndose… é INCRÍBLE!!! (sinceramente), ela “fai arte” en calquer traballo que vai facendo (coma ten que ser-di ela misma). Tamén ao falar, ao expresarse, es PURO ARTE, arte de la comunicación co outro/a, con quen sexa, ela sempre fala con alegría e moito bó humor.




Estou convencida: ela é a artista do seu propio blog. Eu son una mera “médium”, eu transcribo as súas palabras, son a “nejra”... Tamén estou convencida de que ela vale para o teatro, para ser a actriz, a actriz que eu non puiden dedicarme por cuestión de saúde; ela vale moito para dar clases (de oito a ocho, como ela misma di). A maior parte del tiempo está de troula e saúda aos perenjrinos con humor e cachondeo (vai-vai-vai tomar polo cú e que che juste-di ela).

Estou convencida do que vou a escribir a continuación:

NON hai unha forma “correcta” de dibuxar ou de pintar. Tampouco creo que debamos seguir una moda o una tendencia determinada. Cada un ou cada unha ten a súa propia maneira ou xeito de expresarse.

DI-FE-REN-TES.

Por eso estou convencida de que a nosa abueliña non é nin mellor que Pablo (Picasso) ou ca Vicente (Van goh) ou ca Antonio (López) xa… que… o gusto éche subxectivo.



A nosa abueliña dibuxa á súa maneira, con cariño, con delicadeza, con humor e con moito esforzo e case non existe un día no que eu non lle insista: “Visa, dibuxa un rato, faime o favor”. E ela ríñeme, e logo rímonos, e logo choramos e logo discutimos e nos queremos moitísimo porque… a convivencia éche o que ten, pero querémonos coma tolas (e o digo eu que estou algo tola de remate por ela).

Eu lle insisto tanto porque…: o arte, os seus debuxos son moi especiais, son o seu legado artístico, persoal e moi moi creativo. A inmortalidade é iso: o que hai, o que queda, o que o vento non se pode levar. A inmortalidade é… o recordo que dura, permanece e perdura nas nosas mentes e no tempo. As cousas que non nos podemos levar son as que quedan, a súa inmensa creatividade será o que nos quede en mente e no poético e simbólico corazón.

AMÉN.

(significa: Jrazas)

lunes, 25 de julio de 2011

Refráns feito da miña man



Esto escribino fai moito tempo.


Eu non che terei unha carreira...

teño as carreiras das medias...

jaaaajaaaajaaaaajaaaa


Eu nacínche para escritora,

jaaaaajaaaajaaaaa

está feito a miña maneira!!

qué cona!!!

jajajajaaaaaa



Eu nin puntos nin comas!

Ó carallo!!!

total... eses que escriben tan... pitiminí...

non os entende nin Dios!

NIN-DIOS!!!

eu... a mi manera,

tu amor llegó a mi vida...

a mi maneraaa..




Opinar éche libre,

sabedes?

Un pouquiño de todo ou de todo un pouquiño


Hoxe sentinme innspirada.

Que non che é o mesmo que: pirada, ou?

A quen non lle juste:

que non mire!!

jaaajaajaa


Ela éche unha rapaza que andivo pola nosa casa, colléramoslle cariño, era unha rapaza mooooi educada e... que... namorou á pinitencia da miña filla e... que... logo... pois... tomou outro..., chamémoslle: outro rumbo.

Alá cada unha.

Aínda... que... nunca se sabe...

Ou?


Tódolos luns vexo "O padre Casares",

a Don Crisanto e compañía:

a min che me justan ben: paso un rato ajradable, ríome e estouche moi entretenida,

¡¡¡Coma ten que ser!!!

A vida xa che é bastante triste como para ver máis tristuras.

Hai que rir porque... só vivimos dous días.

e... vida sólo hai unha

(aínda que eu ás veces penso que ten que haber aljo máis)


Aquí estou eu facendo jarabatiños.

Ai!! Aquí che me saíron moitos arbustos.

Serán os que ten que cortar a pinitencia da miña neta.

jaaaajaaaajaaa

Pintando te lo cuento


Eu levo traballando toda a miña vida, nunca me aburro, non se di que si te aburres eres un burro (ou aljo así?). Eu falo con todo o mundo: perenjrinos, cos veciños, coas amistades da miña netiña... eu non teño pelos na linjua!

Ás veces dáseme por debuxar. é por pasalo rato e non ver tanta merda que botan na tele. éche unha verjonza! eu vexo a Piñeiro, a Jayoso e a jaleja, qué cona! polo menos falan do noso! o fútbol é sempre o mismo e os políticos había que botalos a todos polo río abaixo. ás veces danme noxo: que "imos facer" que si tal e que cual! O que tiñan era que buscar traballo para todo Dios. qué cona! miran para os seus bolsillos!! Me cajo na madre que os paríu!



Coma a miña neta ten un problemiña na cabeciña: será de pensar tanto... un día tívenlle que escribir unhas letras. É outra casiña, debe ser a casiña dos cans, non me recordo qué cona estaba pensando cando fixen esta maraviiillaaa.

Ás veces ponme mala, de verdade, éche cabezona (e iso que non ten a cabeza demasiado grande) jaaaaajaaa.



Jaliñas, jatos, rás, jalos, toupas, carpas (peixes que pescara un amijo dun dos meus netos)... é que temos de todo! Jracias a Dios non che nos falta nada. Eu sempre dijo o mismo: "hai que jardar das risas pas choras". O problema de hoxe en día é que todos queremos ter de todo e... non pode ser! cada un ten o que ten. Hai que conformarse, non intentar chejar á luna ou ó sol. éche moi importante ter os pés na terra, as casas non se constúen por arriba, hai que empezar por abaixo.

A mín moito me jode que ós animáis se lle trate mellor que ás persoas... é certo! a moitos animais se lle trata moitíiisimo mellor que a aljunhas... persoas! que son animais! vale que dan cariño e compañía, non o podo nejar pero... son animais e non pensan nin razonan e... nunca se sabe se che poden botar enriba.

Se aljén quere jatos ou rás ou peixes, que fale conmigo, que eu son: a Felicidad: Felicidad Marzoa Rozas para servirles. Tamén temos hervas, setos, árbores, esterco... quén da máis?





Aquí manda Roque e Roque son eu!

Aquí un paisano, de paisano (nunca mellor dito).



A miña neta insísteme cada día de que eu dibuxe aljo, ás veces non che sei qué cona dibuxar, tenme que vir a innnssspiración. Teño unha bisneta, é moi feitiña a verdad, ela ajora ela anda a dicir: ¡cállate! ¿y po-que no te callas? é tan feiiiitiñaaa... ijual non che é unha belleza pero, coma é nosa, pois lle temos un cariño... chamémoslle: un cariño especial. Ah! tamén dí á súa abuela: leeelaaa: qué guapa! á súa abuela chámalle Lela, a min Visa: visa, no! á miña neta chámalle Lo. á súa madriña chámalle Mina e... lojo: eu serei visa, a súa abuela Lela e a pinitencia Lo e a súa madriña Mina... poisss... se é así, ¡qué lle imos fasser?

Ela ten o jenio da nai: se vírades cómo manda en nós... é o demonio, e éche moi orjanizada e éche moi moi juapa (parecerase á nai: polo menos de cintura para abaixo...jajajaaaaa)


No país das flores temos fruta, ¡¡poden vir a levar aljunha! fruta natural como la vida misma. a verdade é que nós non che somos de fruta, bueno! eu aínda che tomo bastante, sobre todo pola noitiña, cunha mijiña de queixo do país e con aljo de pan.

A mulleriña debo de ser eu... a verdade é que che me coido moito máis de vella que de nova: de nova era todo traballar a reo, de sol a sol, nas leiras, levando o leite, nas feiras, co jando... e así sejido... sen parar un minuto.

Os traballos de hoxe en día non vos son nada. Antijuamente... ¡¡ésos sí que eran traballo!!

Afortunadamente hoxe aquí non pasamos fame, antes eran outros tempos, tempos de epidemia e de fame. pero... coma a xente non vivíu a fame... tiran a comida coma se foxe tirar a basura.

En fin..................¡¡¡Éche o que hai!!!..........................¡¡¡Se mirásemos para atrás...!!!

Que veña o demo e nos leve!!!


O meu sí que é arte!


A min sempre che me justustou ben pintar, as contas: os números, non che me justaban tanto porque eu tiña unha maestra que sempre nos decía: "las cuentas déjenlas para mañana, déjenlas para mañana" e, mentras, a mestra zurcía calcetíns e remediaba as saias.




Polo menos vese o que hai, non coma nalgúns outros cadros que parecen o cajallón dun can.



Eu non sei porque, á pinitencia da miña neta, jústanlle tanto. É taaannn pesada, e che pesa ben, eh? eee ... elaaa... (a miña neta) cheee... está bennn cachonda!, debe pesar polo menos unha tonelada... ou... tonelada e mediaaa!! jaaaaaajaaa...


Aquí pintei a nosa cadela e unha jaliña! Os outros debuxos pinteinos mirando unha revista. A muller era unha faraona, comaaaa... comaaa... cona! coma... lola flores ou lolita. É que a min che me justan ben as flores, e... qué será de Rosario? lola flores, hai apelidos para tódolos justos! jaaaajaaaa.



Esta éche a nosa casiña, no país das flores, coma di a pinitencia da miña neta: con jaliñas, con pitos, con flores, con árbores, con jaibotas, co sol... éche un pupurri dos meus. A min éche o que máis me justa: natureza, aire libre, animáis, flores, a leiriña... é que nós vivimos nunnn paraíso: tranquilidade, os veciños non nos molestan, sen ruido, ¡qué máis lle temos que pedir á vida? se nos queixamos é de vicio! pensar cómo están aljunhas criaturas polo mundo: pasando fame, con sequía, as jerras, terremotos...



Este debuxo eran as nosas cuadras que tíñamos fai anos: pitiños, jaliñas... A vida hai que saber levala: pouco a pouco, con pazencia, cos pés na terra, pouquiño a pouquiño, non hai que ser un ministro ou un marqués. Hai que valorar o que hai: éche o que hai, ou? Eu fun e sonche moi feliz porque súpenme irme adaptando. Antes pasábase moita fame pero... ¡éramos máis feliz! Co pouco que tíñamos nos íamos apañando: que só había un plato de caldo? e un trociño de touciño ou un trozo de pan? pois era o que había. Éramos moito máis felices ca ajora, ajora temos de máis.







domingo, 19 de junio de 2011

Ja,ja,jaaaaaaa... hoxe tiven o día innnnspirado


¿Queixaredesvos? Hoxe tiña janas de falar ó aire, libremente: como ten que ser!

Sen pelos na linjua: falando de libianas, de maricas e do que hai, qué cona!

jajaja...

A señora Feliiiiiisa fala con todos nós.


Todos sodes máis ca unha pinitencia!!!

Xa non teño máis qué dicir: juapos todos e todas dende o país das flores!

miércoles, 20 de abril de 2011

Calendario das hortalizas









Xaneiro: alleiro (aínda que nós non poñamos). Os allos
fanse rejos, vótaselle esterco e despois póñénse os
dentes de allo (teñen que ir coa piel), separados duna
cuarta. Se a terra xa a tés estercada só e poñelos en
reghiños.



Xaneiro: alleiro (aínda que nós non poñamos). Os allos
fanse rejos, vótaselle esterco e despois póñénse os
dentes de allo (teñen que ir coa piel), separados duna
cuarta. Se a terra xa a tés estercada só e poñelos en
rejiños.




De Xaneiro a Marzo faise a poda : depende do tipo de
árbore que sexa- cada ún o fai como vexa- por exemplo
no rosal se lle quita a cabeza pa que afillen máis
despois, porque en Abril xa empezan a abrir as cousas.
Plántantaxe de esqueixes (faise un buraco na terra e
plántase unha ramiña/esquíese).






Xaneiro: alleiro (aínda que nós non poñamos). Os allos
fanse rejos, vótaselle esterco e despois póñénse os
dentes de allo (teñen que ir coa piel), separados duna
cuarta. Se a terra xa a tés estercada só e poñelos en
rejiños.
De Xaneiro a Marzo faise a poda : depende do tipo de
árbore que sexa- cada ún o fai como vexa- por exemplo
no rosal se lle quita a cabeza pa que afillen máis
despois, porque en Abril xa empezan a abrir as cousas.
Plántantaxe de esqueixes (faise un buraco na terra e
plántase unha ramiña/esquíese).
Os esqueixes e despois empeza a poñerse as cousas nas
leiras:
En outono... pos pa ti e pa seu dono. As coles.
No san martiño pós pa ti e po veciño.
Marzo abril as posturas das patacas
Despois en abril ponse os semilleiros: espinacas,
leitugas (hortalizas), cebolo pa que despois haxa as
cebolas.
Xaneiro alleiro.
En Abril e Maio ponse o millo e as fabas.
Os grhelos todo o ano.
Os ghisantes cando as patacas.
Os gladiolos cando as patacas: abril. Pero se quedan
na terra xa nacen.
Os rosales pódanse nesas épocas: xaneiro ata abril e
despois pódese plantar deses esqueixes que se fan.
A camelia pódese podar todo o ano se vota flores
mellor. Ela poda todo o ano para levar ó cementerio.
Para reghar é mellor polas mañás porque está a terra
fresca.
Os geranios tamén cando as outras plantas todas
(xaneiro-abril)
As fresas en calquera época.
Eu fájo o buraco e planto e xa está, bótalle esterco.
Para plantar a mellor hora é... cando teña xeito.

quén raios serán?

Xa sabedes que eu pinto á miña maneira! Cos anos xa non ma'recordo destes debuxos. ¿Quénes raios serán estes personajes?

...

martes, 19 de abril de 2011

la vida pasa felizmente por el país de las flores

Cos meus netos, coa pinitencia da miña neta... ( é a favorita, só ela o sabe). En nadal, comendo a esgalla e cantando de cando en vez. Ai la lá! A parte de éso, jracias a Dios, la vida pasa felizmente si hay amor (e se non o hai pois haberá que esperarlle a boa, ou?)


... ai... as flores... son os meus amores. É que nós vivimos nun paraíso, no país das flores! Gozando e vivindo coas jaliñas, coas cadelas, cos jatos, co pesado do meu xenro, coa miña pinitencia e con varios milajros que hai por aquí. ¡Éche o que hai! ¡Non che hai outra cousa! E pousa pousa e non me toques naquela cousa... tralalaralalará! Jajajajaaaaaaa. Estades todos invitados, xa que eu son a Felicidá! Felicidad Marzoa Rosas, para servirlles. Amén!

Teño un neto... bueno, teño oito netos e un par de visnetas pero o neto do que vos falo é unha maravilla: fai de comer, traballa (de día e de noite, onde? de noite non o sei...), vai ó cine. A min o cine non che me justa moito, eu prefiro "A Ruleta" ou a Noria ou cómo se chame! Él ten moi bó tipo: juapo, alto, traballador, moi pausado, tranquilo, fala moi ben. Ten un defecto: ten moza e disque que che é de Alemania ou de Austria ou merda! O de defecto o digo porque amores amores haiche poucos. Bicos catalán do carallo, pa cándo marchas para Alemania ou Austria ou merda?

domingo, 6 de febrero de 2011

la abueliña que feitiña que é...

a que ando???

Cabilando ando...