domingo, 31 de julio de 2011


Hola,

Creo que falo en nome de todos que os que coñecen e conocemos á abuela Felicidad, a nosa “visa”, a nosa “señora Felisa”, á nosa Felicidad, Doña Felicidad Marzoa Rozas e gustaríame escribir unhas cantas palabras.

Teño coñecido e coñezo a moitas persoas creativas pero, sinceramente, nunca coñecín a unha persoa tan increíblemente creativa como ela.

Ela éche puro arte, pura creatividade (todos sabedes o vínculo e o cariño que temos el amáis eu) pero é certo: ella, en cada “cousiña”/acción/tarea que fai: fainas con… tanto… cariño e con moito xeito, con moito esmero porque… así lle foron inculcando e ensinando quenes xa non están: a súa nai, a súa sogra, Don Francisco e Doña Eulogia… etc… tamén mentras ela traballaba no bar O’Tangueiro; traballando de sol a sol nas leiras de Baladrón.




Aquí ando eu, Felicidad a su servicio, nunha das bodas dos meus netos.

É das millores fotos que che teño,

tócate!!!




Bailando me lo cuentas,

aquí estou eu co Tangueiro,

o meu home,

érache moi bó home,

bó de máis.



Aquí estamos xentes de San Lázaro

A nosa familia,

os tempos de antes sí que che eran duros:

fame, traballo, un trozo de pan e pouco máis!!!

hoxe en día a xente se queixa de vicio...

antijuamente éramos moito máis felices.

... se volvesen os tempos de antes...

a xente íase cajar na madriña!



A súa delicadeza cando fai os traballos cotiás: facendo as camas, levándolle millo ás jaliñas, frejando, barrendo, poñéndose juapa, vestíndose… é INCRÍBLE!!! (sinceramente), ela “fai arte” en calquer traballo que vai facendo (coma ten que ser-di ela misma). Tamén ao falar, ao expresarse, es PURO ARTE, arte de la comunicación co outro/a, con quen sexa, ela sempre fala con alegría e moito bó humor.




Estou convencida: ela é a artista do seu propio blog. Eu son una mera “médium”, eu transcribo as súas palabras, son a “nejra”... Tamén estou convencida de que ela vale para o teatro, para ser a actriz, a actriz que eu non puiden dedicarme por cuestión de saúde; ela vale moito para dar clases (de oito a ocho, como ela misma di). A maior parte del tiempo está de troula e saúda aos perenjrinos con humor e cachondeo (vai-vai-vai tomar polo cú e que che juste-di ela).

Estou convencida do que vou a escribir a continuación:

NON hai unha forma “correcta” de dibuxar ou de pintar. Tampouco creo que debamos seguir una moda o una tendencia determinada. Cada un ou cada unha ten a súa propia maneira ou xeito de expresarse.

DI-FE-REN-TES.

Por eso estou convencida de que a nosa abueliña non é nin mellor que Pablo (Picasso) ou ca Vicente (Van goh) ou ca Antonio (López) xa… que… o gusto éche subxectivo.



A nosa abueliña dibuxa á súa maneira, con cariño, con delicadeza, con humor e con moito esforzo e case non existe un día no que eu non lle insista: “Visa, dibuxa un rato, faime o favor”. E ela ríñeme, e logo rímonos, e logo choramos e logo discutimos e nos queremos moitísimo porque… a convivencia éche o que ten, pero querémonos coma tolas (e o digo eu que estou algo tola de remate por ela).

Eu lle insisto tanto porque…: o arte, os seus debuxos son moi especiais, son o seu legado artístico, persoal e moi moi creativo. A inmortalidade é iso: o que hai, o que queda, o que o vento non se pode levar. A inmortalidade é… o recordo que dura, permanece e perdura nas nosas mentes e no tempo. As cousas que non nos podemos levar son as que quedan, a súa inmensa creatividade será o que nos quede en mente e no poético e simbólico corazón.

AMÉN.

(significa: Jrazas)

1 comentario:

  1. Gustoume moito esta entrada! moi sentida e emotiva
    Graciñas Wendy ; )

    ResponderEliminar